miércoles, 16 de enero de 2019

SORPRESA NO OBRADOIRO DE GANCHIÑO

O segredo que atesouraban no obradoiro de ganchiño, do que xa vos falamos noutra entrada, empeza a estar ao descuberto. Aí o tedes.!! Estaban a prepararnos un agasallo moi especial. Onte puidemos ver cómo un 5  estaba empezando a medrar no patio de entrada do cole. Convertirase pouquiño a pouco nun impresionante "50" que nos lembrará o aniversario que estamos a celebrar. 
A pesares do entusiasmo co que traballan nenos, nenas e profes nos recreos na biblioteca, a producción de flores non é suficiente. Daquela, os mouchiños, que teñen moitas gañas de colaborar na nosa festa, veñen de enviar unha invitación  a tódalas familias para que se animen a facer unha flor de ganchiño  para encher este orixinal cartel. A carta xa está nas mans das familias. Precisamos a colaboración de todos!! Os que xa non están no cole tamén poden participar e mesmo os que ainda están por vir. O Cole "párroco" é de todos e desexamos que todos vos alegredes connosco de ter chegado ata aquí.


lunes, 24 de diciembre de 2018

domingo, 23 de diciembre de 2018

AS FAMILIAS CUMPLEN. COMEZAMOS AS PRESENTACIÓNS

Os mouchiños pedíronlle as familias que se presentaran e que empezaran canto antes para ir desenvolvendo este pequeno proxecto ao longo do curso sen afogos. Dito e feito. Estas son as familias máis madrugadoras, que se presentan á cita do noso 50 aniversario. Falta unha familia que non fomos quen de colocar no mural a tempo. Á volta das vacacións amosarémosvos ese fermoso traballo.
Polo de agora desfrutade con estas fotos.

FAMILIA DE LUCAS 4º INFANTIL. A SÚA MAMÁ XA ESTIVO NO COLE E TEN CURMÁNS NOUTRAS AULAS.



FAMILIA DE ANA. 5ºB É A PRIMEIRA EN VIR AO COLE




FAMILIA DE ALDARA 5º B.




HÉCTOR (4ºINF) E ZAIRA 6º . ZAIRA FOI A PRIMEIRA.





ÁLVARO (4º INFANTIL) É O PRIMEIRO EN VIR AO COLE


MÚSICA NA FIN DO TRIMESTRE

Para rematar as actividades do trimestre todo o cole desfrutou da actuación da Banda de Beade. 3 menbros da mesma viñeron ao cole a ensinarnos algúns dos seus instrumentos, a facer xogos musicais connosco e a tocar algunhas pezas musicais que moitos fomos quen de recoñecer. En dúas quendas pequenos e maiores pasamos todos un tempiño moi agradable entrenando o noso oido musical.

Deixámosvos fotos do primeiro pase, o dos pequenos de infantil, primeiro e segundo.










XOVES DE LECTURA NO PRIMEIRO TRIMESTRE

A maquinaria lectora non para, aínda que nós non sexamos quen de publicar as novidades ao mesmo ritmo. Un ano máis moitos lectores expertos e non tan expertos agardaron a súa quenda para ler nos recreos dos xoves contos ós compañeiros que se achegan ata a biblioteca. Tódalas mañás arredor das doce menos cuarto os mouchiños reciben a visita de moitos nenos e nenas que van a desfrutar da lectura, coller ou devolver préstamos, desfrutar dos xogos de ordenador  e de mesa, das manualidades programadas e  dos obradoiros permanentes. Nese rebumbio desenvólvese esta actividade lectora que non parou dende que se puxo en marcha hai xa varios anos.
Durante este trimestre estes foron os libros que se leron:

-Coa temática do Samaín:

A TODOS LOS MONSTRUOS LES DA MIEDO LA OSCURIDAD. LECTORES UXÍA E NANO DE 5º A




LA ASOMBROSA CALABAZA DE BRUNILDA. LECTORES CARLA E ESTELA DE 6º







MONSTRUOS NA ESCURIDADE. LECTORES UXÍA E ELENA DE 5º A





OS BOLECHAS VAN Á FESTA DOS CALACÚS. LECTORES LUCAS E ALEX DE 6º







-Vencellada ao obradoiro de gancho e o recuncho de "lecturas con fíos". OVELLIÑA DAME LÁ






-Coa temática do Nadal:

OLIVIA RECIBE LA NAVIDAD. LECTORAS FATU, ANTÍA E VICTORIA DE 4º






e dúas lecturas máis das que ainda non temos fotos e poñeremos noutra entrada.

sábado, 22 de diciembre de 2018

OS MAGOS NO PÁRROCO

Como é xa tradición os Reis Magos non faltaron a súa cita no derradeiro día do trimestre para recoller as cartas dos nosos cativos. O paxe real, envíado especial das súas maxestades derrochou paciencia e agarimo escoitando tódalas peticións que lle fixeron dende os máis pequenos ata os maiores de 6º de Primaria. A falta de procesar tódalas fotos deixámosvos aquí as dos pequeniños do cole para que vaiades facendo boca.




Dende a biblioteca seguemos a reinvindicar as tradicións de noso e nestes días non poden faltar nas nosas casas as lecturas adicadas ós Reis Magos e mailo Apalpador, así que imos recomendarvos  dous xa clásicos para estas noites de nervios...






O NOSO MURAL DE NADAL

O mural de nadal nun curso de celebración tiña que se algo compartido coas familias e coa a ollada posta no noso centro. As cartas aos Reis Magos e os bonecos do noso logo compuxeron un precioso e traballado mural que ainda estade a tempo de desfrutar cando volvamos destas pequenas vacacións.
Coma sempre foi moita a participación das familias e tuvemos que ampliar o mural para dar cabida a tódolos bonequiños que enviastes. Grazas a todos  e aquí vos deixamos as fotos para  que desfrutedes da  vosa creatividade.