miércoles, 7 de marzo de 2018

3, 2, 1, 0...E XA CHEGA O DÍA DA MULLER.

Unhas horas máis e o noso día xa está aí. 
Desta volta estamos a aproveitar a coincidencia do 8 de Marzo coa Semana da Prensa para as nosas reflexións nas aulas sobre a situación e a loita -ainda moi necesaria- que levamos "todas e moitos todos"- para poñernos a nós, as mulleres, no noso sitio na sociedade nun plano de igualdade e respecto a tódolos niveis. 
As novas da prensa e os recursos dixitais escollidos ( non están todos os que son) achegánnos ata as "Pioneiras" no mundo en xeral, e en Galicia e en Vigo en particular. Tódalas aulas están traballando xa nun suplemento especial sobre "Mulleres de Vigo", (mulleres de onte e de hoxe que nos representan a todas), dentro do Xornal Don Moucho que sairá do prelo como acostuma no mes de Maio. A partires de mañá empezaremos a ver fotos destas actividades.
Mañá é día tamén de coñecer dentro do noso PDI a obra muralística dunha muller de Vigo, Elisa González, que neste caso representa a tódalas que nestes anos pasados e nos que se aveciñan  foron e van seguir deixando a súa pisada nas rúas de Vigo. Ela ten o seu traballo exposto na Via Norte.

 Vigo se rinde al arte urbano, Faro de Vigo

 Das outras mulleres dos murais e tamén dos homes que conforman este gran grupo de artistas falaremos máis adiante cando celebremos o Día dos Museos.

Por outra banda dende a biblioteca queremos achegarvos unha listaxe de contos e lecturas xuveniles que tratan dun xeito ou outro estos temas "da muller". Moitos deles están na nosa biblioteca e moitas veces forman parte de expositores, maletas temáticas ou contacontos....outros non son os habituais ou pasan desapercibidos porque o seu título da poucas pistas. Daquela coido que é bo que os autores desta recopilación pensaran en visibilizalos todos xuntos e axudárannos así a chegar mellor a eles.
 Deixovos AQUI o enlace a estes títulos.
Moitas grazas a Pilar Sampedro.

1 comentario:

  1. Grazas pola ligazón. Na casa xa estamos facendo a nosa propia colección de libros sobre mulleres extraordinarias. Forza!

    ResponderEliminar