viernes, 27 de octubre de 2017

COMEZAMOS A TRABALLAR TAMÉN NUN NOVO PROXECTO DOCUMENTAL

As cartas de presentación aos pais e ás distintas aulas foron o sinal de saída nesta nova pescuda na que nos mergullamos. A nosa cidade de Vigo e mailo mundo de Xulio Verne van ir da man no proxecto escollido para este curso "Cos ollos de Vigo".
Esta semana chegou ás aulas a carta de presentación do proxecto e tamén chegou as casas a nosa invitación a participar nas actividades especialmente deseñadas para as familias. Se queremos conseguir os nosos pasaportes -o lector e escritor nas aulas e mailo viaxeiro nas casas- non teremos mais remedio que viaxar de distintos xeitos ás rúas da nosa cidade e poñernos a desfrutar de lecturas variadas. Aprender a pensar, que é o lema das BE para este curso, vai estar moi presente tamén en tódalas tarefas que os mouchiños "pensen" para nós. Ánimo e a traballar!!






2 comentarios:

  1. Esta ano imos a converternos en Sherlock Holmes de tanta pista que imos seguir :-) Encántanos!!

    ResponderEliminar
  2. Retos non han faltar e unha boa oportunidade para coñecer a cidade dende outros puntos de vista.

    ResponderEliminar