domingo, 23 de febrero de 2014

21 DE FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. PESCUDAMOS EN GALEGO

Vense de celebrar o pasado venres o Dia internacional da Lingua materna promovido pola Unesco para promove-la transmisión interxeracional das linguas locais. Galicia súmase dende hai varios anos a esta celebración e a consellería pon ó noso dispor unha web con información ao respeito.

A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica. E ahí estamos nós traballando e pescudando en galego. Este ano xa o sabedes o noso proxecto documental integrado está centrado en Galicia. Non só a través do emprego da nosa lingua senón nas peculiaridades agroalimentarias da Galicia tradicional. O traballo nas aulas xa está tomando forma, ainda que non o reflectimos ata agora neste blog. Agora que se vai achegando a primavera veredes como vai agromando o labor silandeiro que se está a  facer nas aulas dende os primeiros días do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario