E... as vacacións de verán xa están aquí!
Lembrade que un libro sempre é boa compañía, tamén na praia e na piscina!
O noso blog de biblioteca. Ceip Párroco Don Camilo
E... as vacacións de verán xa están aquí!
Lembrade que un libro sempre é boa compañía, tamén na praia e na piscina!
Como ben sabedes, este ano estivemos indagando sobre os meteoros. Todo ese traballo foi presentado na Exposición Universal do Párroco coa que compartimos todo o aprendido con compañeiros, familiares e amigos.
Os meteoros dan para moito! Ciencias, tecnoloxía, literatura, poesía, arte... Cantas cousas podemos descubrir se somos curiosos.
Foi unha xornada moi especial na que descubrimos o feito por outras clases e, a pesar de levar xa un ano experimentando e aprendendo, onte aínda ampliamos algo máis!
Moitas grazas as familias por vir, participar e amosar tanta curiosidade por todo o que tiñamos que contarvos!
Que momentos nos deron as LECTOESTRELAS!
As xuntanzas arredor dos libros trouxeron consigo debates, xincanas, manualidades, risas, teatro e incluso unha cápsula do tempo!
Aquí deixamos unha pequena mostra de como clausuramos o club ata o ano que vén! Fixemos unha lectura dramatizada das dúas obras de teatro lidas: WOMBO COMBO e As terapias da Doutura Ledicia e enterramos a nosa cápsula de tempo feita tras a lectura de O enigma de Sempreviva.
As Estrelas da Lectura ben sabemos que os libros dan para moito e unha vez que te mergullas nas súas páxinas pode acontecer de todo!
Inspirados no conto "El pez arcoíris", os nenos e nenas de infantil participaron nun obradoiro creativo de collage, creando un peixe de cores moi orixinal!
Tras facer os trazos, rachar os papeis e realizar o collage, cunha simple cartolina negra fixemos relucir as cores deste peixe tan especial.
Aquí deixamos unha mostra do obradoiro!
Ademáis de aproveitar a calor e facer lecturas ao aire libre, o alumnado de 1º e 2º recibiu a visita do escritor Ramón Romero Nogueira, autor do libro "A abelliña que perdeu as ás" que foi o elixido para ler en 1º de primaria. Demostrounos que os versos non só están para ler, senón que podemos entoar e disfrutar así dun conto cantado, como foi o caso.
O pasado venres aproveitamos o bo tempo e o noso patio-bosque para ler. Todo o cole, en parellas e grupos lectores, compartimos un momento de lectura moi enriquecedor.
Todos con candanseu padriño, madriña, afillado ou afillada, descubriron historias agochadas nas páxinas dos contos.
Quedamos con ganas de máis e esperamos repetir pronto!
Sabemos que mergullarse nun bo libro é fascinante, pero... se resulta que ese libro é máxico e entras a formar parte da historia? Iso é o que aconteceu hoxe no Centro Nautilus de San Andrés de Comesaña.
Grazas a todas as familias por achegarvos e participar! E lembrade... isto de compartir lecturas, non remata nunca!
Ata a próxima!
Este ano, co programa Bibliteca Creativa, démoslle unha pequena volta á nosa biblio e... sen dúbida, o recuncho dos legos resultou triunfar entre o noso alumnado.
Aquí temos as creacións de 3 alumnos de 4ºEP durante un patio na biblio.
Esta semana, a nosa coordinadora acudiu ás xornadas de Club de Lectura en Santiago e tivo un encontro coa autora PAULA CARBALLEIRA, escritora de WOMBO COMBO, un dos libros lidos polo Club Estrelas da Lectura.
E coa seguinte imaxe compartimos a gran importancia dos clubs de lectura e o que intentamos conseguir co noso! Sen esquecer ler por gusto!
Ás estrelas da lectura non hai xa libro que se lles resista. Agora mesmo están mergullados en dúas obras de teatro.
Aquí podedes ver como se organizaban na última xuntanza: repartiron as personaxes para facer unha lectura dramatizada, pensaron nos elementos de decoración, no vestiario... E todo iso nun fabuloso recuncho do Párroco.