Páginas

luns, 11 de febreiro de 2019

COMEZO OFICIAL DA CELEBRACIÓN DO NOSO ANIVERSARIO


Nesta  mañanciña de sol deste luns 11 de Febreiro demos comezo “oficialmente” ás celebracións do  50 aniversario do cole. O noso alcalde, a concelleira de educación, o delegado territorial da Consellería,  o noso inspector -e o que tivemos en anos pasados-, representantes da ampa, da agrupación de montes, Anxo Rodríguez, o autor do libro de toponimia sobre Santo André de Comesaña... un nutrido grupo de persoas que nos quixeron acompañar nesta data. A nosa directora, o delegado da Xunta e o alcalde pronunciaron unhas palabras que nos serviron para decatarnos da importancia deste aniversario e o camiño que leva percorrido o noso centro nestes anos nos que moitos de nós ainda non andabamos na escola.







O certo é que xa hai tempo que arrancaron os preparativos desta xornada e xa temos varios proxectos en marcha nos que todos e todas estades colaborando. Os nosos visitantes aproveitaron para ver tamén eses traballiños que ocupan parte do noso horario escolar e aqueles que estamos recibindo dende as casas. A nosa exposición 50 ANOS DE HISTORIA...E MÁIS...coas cousas e fotos aportadas polas familias; o noso mural de presentación do aniversario...cos "50" decorados polos alumnos e alumnas; o mural de presentación das familias...cos carteis que pouco a pouco ides enviando (non esquezades facelo os que ainda non vos animastes!!); o noso traballiño de xeolocalización feito por tódalas aulas.... pequenos grans de area que compoñen un proxecto que ira medrando máis e máis ata a fin de curso.









1 comentario:

  1. Parabéns!! 50 anos son moitos anos! Dise pronto, pero analizar todo o que significa cumprir anos... Carai! Noraboa :-)

    ResponderEliminar