Páginas

xoves, 25 de outubro de 2018

SEMANA DE LECTURAS COMPARTIDAS NA BIBLIO

Como vos dixemos unha das actividades de celebración desta semana foi compartir lecturas de medo entre cursos de maiores e pequenos e participar xuntos na decoración da nosa cabaza xigante. Coma tódolos anos, temos pedido a axuda das familias para facer a exposición de cabazas e calacús do Samaín. Entre todas elas, moi fermosas e terroríficas tódalas que  están chegando, vai destacar polo seu tamaño a cabaza do Párroco, aportada por unha das familias do cole. Ao longo da semana foise enchendo de arañas, vermes e outras trécolas que na foto vos amosamos.




Imos  co que se leu e  fixo na biblio:


O luns foi a quenda de 3º de Primaria e 4 anos, leron e fixeron unhas aterrecedoras arañas.

O martes foi a quenda de 2º de primaria e os compañeiros de 5ºB. Leron xuntos e fixeron uns pinchos de araña.
O mércores tocoulle ós mais pequenos do cole que puideron compartir contos divertidos cos nenos e nenas de 5ºA de Primaria. Despois fixeron entre todos uns vermes famentos de cabaza. Mellor non os poñemos moi preto dela!!
O xoves 4º de Primaria e mailos nenos de 5 anos fixéronlle á nosa cabaza unha preciosa capa co protagonista do conto que leron na biblio: "El monstruo que se comió la oscuridad."
Por fin, o venres -pechando esta semana lectora- os maiores do cole e mailos que veñen de aterrizar en Primaria, os de 1º, compartiron xuntos lecturas da man dunhas bruxiñas moi especiais. Ó remate das lecturas fixeron rastas de macarróns que colocaron como pelo da nosa cabaza e engadiron un gorrecho e unhas gafas. 
Lemos un mundo e adornamos de xeito compartido unha cabaza super, super,...! Deixámosvos aquí só unha pequena mostra das fotos que sacamos.


2 comentarios:

  1. Encántanme este tipo de proxectos, misturando de idades, xenial! Moi enriquecedores para peques e non tan peques, grazas por compartilo!!!

    ResponderEliminar
  2. Canto 'suman' estas actividades colaborativas! Noraboa :-)

    ResponderEliminar