O noso blog de biblioteca.
Ceip Párroco Don Camilo
Páginas
▼
domingo, 22 de abril de 2018
UN VIGUÉS...A VOZ DO 23 DE ABRIL
Como xa vos dixemos, mañá é 23 de Abril e, ainda que non é bó apegarse só as datas porque o importante é celebrar todo día a día, non queremos deixar de sinalar que nesta data é un vigués o encargado de facer o manifesto a favor da lectura; xa tradicional no día do libro. As súas palabras parécennos moi acertadas porque dá na chave da importancia da lectura para todos e para todo. Ler permítenos coñecer outros mundos, outros soños e outros pensamentos e o facelo abre a nosa mente e fainos máis libres e concientes. Deixo aquí o seu texto para que vós mesmos reflexionedes e opinedes.
Moi bo alegato! Duras palabras, pero ben certas
ResponderEliminar