O noso blog de biblioteca.
Ceip Párroco Don Camilo
Páginas
▼
mércores, 14 de febreiro de 2018
TRABALLANDO E INVESTIGANDO COA PAZ
Comezando xa o relato das actividades do 2º
trimestre, a nosa 1ª parada ten que ser no Día da Paz. Este ano fixemos unha
proposta ás aulas na que se vencella a reflexión sobre os elementos
imprescindibles para a paz coa nosa propia experiencia. O cambio climáticoque revolto ao planeta con cousiñas que todos estamos
a sofrir (lumes, seca, fame, inundacións,..) foi a teima sobre a que apoiamos o
noso traballo de pensamento crítico. Primeiro analizamos o tema a partir de contos e videos e despois procuramos unha saída
práctica...que podiamos facer coma cidadáns vigueses para axudar ao noso
planeta e contribuir á paz?. Seguro que o Dinoseto co que vimos de traballar hai nadiña inspirou moitas das nosas respostas.
Para representar esta grande comunidade de
cidadáns, xuntos, ombro con ombro, inspirámonos no mural de Nelson Villalobos
sito na avenida Martínez Garrido.
Fixémoslle a nosa particular interpretación
para incidir mais na idea da colaboración e o traballo compartido cunha meta
común. Este é o mural e algunhas das nosas solucións...
Reflexionar entre tod@s sempre é bo para extraer conclusións ás que non chegariamos doutro xeito. Excelente traballo!
ResponderEliminar