O noso blog de biblioteca.
Ceip Párroco Don Camilo
Páginas
▼
sábado, 4 de abril de 2015
DERRADEIRO XOVES DE LECTURA DO TRIMESTRE
Despedimos o trimestre, pero damos a benvida á primavera. Despois de encher o patio de poemas primaverais, nada mellor que adicarlle un xoves ás lecturas relacionadas con esta nova estación. "A primavera das 999 irmás rás" pareceunos -e así resultou- unha boa escolla. Velaiquí tedes as fotos da sesión. Ángela e Leylen de 4º de primaria foron as lectoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario