RETO LECTOR: XULIO VERNE. OS LIBROS DE NEMO

ESTA É A LAPELA ONDE PODEDES COMENTAR SE LESTES UN DOS LIBROS DA TRILOXIA DE NEMO, TAL COMO VOS SUXERIMOS NA ENTRADA DO DÍA 18 DE FEBREIRO:

1.-20000 LEGUAS DE VIAXE BAIXO DOS MARES
2.-OS FILLOS DE CAPITA´N GRANT
3.-A ILLA MISTERIOSA

GRACIÑAS DE ANTEMÁN.

4 comentarios:

  1. Eu lin o mítico '20000 LEGUAS DE VIAXE BAIXO DOS MARES', pero con tanta celebración de Julio Verne neste 2018 estanme entrando ganas de acabar a triloxía de Nemo ;-)... Inda que caiu nas miñas mans un exemplar de 'Miguel Strogoff' e penso que empezarei por ahí para darme unha 'homenaxe verniana' Xa vos contarei :-)

    ResponderEliminar
  2. Grazas por meterte de cheo nesta viaxe. Grazas tamén por tódolos teus comentarios tan acertados. Xa nos tardaban.!!! Os blogues non son o mesmo sen a participación dos que están ó outro lado do "espello". Xa nos contarás das lecturas. Eu estou coa triloxía porque de pequena lin algo, pero agora apetéceme botarlle unha ollada cuns ollos xa un pouco diferentes; aínda que no meu caso "aquela nena" segue aí (será cousa de estaren sempre arrodeada de cativos).

    ResponderEliminar
  3. Eu sempre 'do outro lado', inda que últimamente o tempo está a ser un 'ben' máis escaso ca nunca -todavía máis!- Noraboa por tantas actividades!! Penso que este ano estades 'saíndoos' coas temáticas dos proxectos e as tarefas relacionadas. Non cambiedes!!...E a seguir con ollos de nen@s, que soen darnos moitas leccións de vida máis veces das que pensamos... :-)

    ResponderEliminar
  4. Algo tarde chego, pero deixo constancia da lectura emocionante e trepidante de 'Miguel Strogoff'. Un Xulio Verne visceral e algo diferente do que tiña lido ata o momento, sempre máis relacioado coa imaxinación desbordante...

    ResponderEliminar