AULA DE INGLÉS

WELCOME  TO PÁRROCO DON CAMILO

OS ALUMNOS DE 4º, 5ºe 6º, na clase de ART e de Inglés, fixeron un vídeo de presentación para Minnesota. A nai de Abby, a nosa auxiliar de conversa, traballa alí como profesora e está a colaborar activamente con nós, nos nosos proxectos.





Agora somos nós os que recibimos un vídeo dos alumnos de Minnesota mostrándonos o seu colexio, as súas instalacións  e a súa forma de traballo.

MRS SCHNORR´S  VIDEO




WINTER HOLIDAYS

Éste é o noso segundo vídeo con destino a EEUU. Aquí mostramos aos nosos amigos americanos, cómo celebramos o Thanksgiving, dando as grazas por todo o que temos, Christmas e Peace day.

.



Este ano, na clase de ART, fixemos un proxecto sobre GALICIA (Spain´s hidden secret) e sobre ESPAÑA(marvelous country), investigando todas as cousas que tiñan importancia para nós, como a población, a xeografía, o goberno, a monarquía, cidades de interese, catedrais, comidas, lugares de diversión... e aproveitamos para mandar os nosos traballos a EEUU, ao colexio de MRS SCHNORR, e que aprenderan un pouco do noso país e da nosa comunidade. en definitiva, da nosa cultura e dos nosos costumes.








O noso traballo gustoulle moito aos alumnos americanos que nos mandaron outro vídeo dicíndonos todo o que aprenderon do noso país e dos nosos costumes.






O 14 de febreiro recibimos por correo, tarxetas de felicitación, feitas polos alumnos americanos, felicitándonos o San Valentín. Alí é moi típico escribir notas de cariño aos teus amigos e familia dicíndolle cánto lles queres.





Co inicio da primaveira realizamos flores de papel seguindo as instrucción de Abby, a nosa auxiliar de conversa. Déronnos traballo pero quedaron estupendas!









Tamén tivemos a sorte de aprender bailes típicos americanos. Que ben o pasamos con ABBY!!!!!!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario