mércores, 16 de xaneiro de 2019

SORPRESA NO OBRADOIRO DE GANCHIÑO

O segredo que atesouraban no obradoiro de ganchiño, do que xa vos falamos noutra entrada, empeza a estar ao descuberto. Aí o tedes.!! Estaban a prepararnos un agasallo moi especial. Onte puidemos ver cómo un 5  estaba empezando a medrar no patio de entrada do cole. Convertirase pouquiño a pouco nun impresionante "50" que nos lembrará o aniversario que estamos a celebrar. 
A pesares do entusiasmo co que traballan nenos, nenas e profes nos recreos na biblioteca, a producción de flores non é suficiente. Daquela, os mouchiños, que teñen moitas gañas de colaborar na nosa festa, veñen de enviar unha invitación  a tódalas familias para que se animen a facer unha flor de ganchiño  para encher este orixinal cartel. A carta xa está nas mans das familias. Precisamos a colaboración de todos!! Os que xa non están no cole tamén poden participar e mesmo os que ainda están por vir. O Cole "párroco" é de todos e desexamos que todos vos alegredes connosco de ter chegado ata aquí.


1 comentario: