martes, 31 de decembro de 2019

SAÍDA AO MUSEO QUIÑONES DE LEÓN. 6º E 1º

O mércores 18 de decembro os nenos e nenas de 1º e de 6º B fixeron una saída ao Museo Quiñones de León.
Desta vez, tocoulle a Aldara de 6ºB poñer no blog a redacción que fixo desta visita, así que velaquí tedes a súa impresión:

Hoxe ao chegar ao cole, despois dun tempiño de clase, organizámonos, pero non de calquera xeito senón que tiñamos que facer parella cos nenos de 1º. Eu fun con Ángeles.
Logo de ir buscar aos nosos compañeiros, saímos do colexío e subimos no autobús.
Ao chegar ao noso destino e tras entrar nunha sala apareceu una misteriosa muller a recibirnos. A muller era moi educada....pero tiña un aspecto doutra época....pero resultou que non era una muller, senón unha pantasma, era a pantasma da marquesa de Valadares!.-Xa dicía eu que tiña un aspecto moi estrano.
Ela falounos de antigüedades, da historia do Pazo, fixemos con ela representacións e contounos algúns segredos da súa vida e da súa familia.

Tedes as fotos neste vencello 

venres, 27 de decembro de 2019

AS ESPECIAS NO NADAL

Outra parte importante do  noso PDI ("Dándolle a volta ao planeta") vai ser a cociña, en especial, as especias que foron as verdadeiras inspiradoras desta viaxe que acabou sendo a primeira circunnavegación do planeta. 
No século XVI, o mesmiño ca hoxe, había homes (e tamén mulleres, aínda que menos visibles) que soñaban con grandes fazañas e aproveitaban que moitos reis e gobernantes tiñan intereses económicos e persoais poderosos, para poder levar adiante os seus soños. Magallanes foi un destes homes que soubo buscar un rei a quen venderlle ben o seu propósito. As especias foron o motor que permitiu pór en marcha esta viaxe e, como imos descubrir nos vindeiros meses, ó rei español non lle saiu nada mal a súa aposta.

De volta ao cole...
as especias da Volta ao Mundo foron protagonistas xa neste nadal na aula de 6º A onde uns bós cociñeiros acompañados dunha estupenda chef prepararon (e  fixeron moito traballo matemático e lingüístico) unhas riquísimas galletas de cristal de nadal feitas con estes ingredientes tan "especiais". 

Mestura de canela, xenxibre, cardamomo,cravo, anís, noz moscada e  pementa negra




 Nas pestanas de arriba estamos pondo xa información que nós imos precisar neste vindeiro trimestre e que vós podedes tamén ler entre mazapán e mazapán.

Así que non nos perdades de vista porque neste trimestre imos falar (e cociñar) moito deste tema. 
Podedes ver as fotos da actividade neste vencello

ACTIVIDADE GALLETAS DE NADAL

A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Este nadal quixemos facer unha árbore moi especial. Dentro do noso PDI "Dándolle unha volta ao planeta" queremos darlle unha volta á concienciación sobre as necesidades do planeta   e  tamén levar adiante "accións polo clima", para cooperar con tódolos nenos e maiores do mundo na solución aos problemas que os humanos estamos provocando.
Daquela os mouchiños enviaron as aulas unhas caixas-agasallo na que nos contaron as súas preocupacións e nos pidiron que investigasemos e nos puxesemos en marcha.



 O primeiro paso ía ser facer adornos sostibles de nadal, empezando pola árbore. Esas mesmas caixiñas cuns sinxelos  e persoais toques formarían parte da árbore. Pero a cousa non quedará aí. Cando remate o Nadal cada caixa volverá á aula da que saiu para converterse na "caixa do planeta" na que gardaremos desexos, propósitos, información e moitas cousas máis que traballemos sobre a nosa grande casa universal.



O toque navideño déronllo as arboriñas que en ARts fixeron con anacos de cintas. Tamén en moitas clases fixeron traballiños sostibles con material de refugallo...rolos de  papel de cociña, teas, platos de cartón decorados cos restos de pintura e anaquiños de material que van sobrando cada día. Coma sempre fáltannos fotos das cousas. Metémonos de cheo no traballo e esquecemos deixar testemuño.
                                             
                                          Pintámola de verde clariño

Démoslle o noso toquiño persoal en cada aula











e fomos construíndoa pouco a pouco.


A PARTE DO NOSO PDI SOBRE A VIAXE DE ELCANO COMEZA A AGROMAR

Para vos contar o traballo que arredor do PDI fixemos ao longo do trimestre imos facer primeiro un pouquiño de historia...
Este curso 2019-20 daba os seus primeiros pasos cando os mouchiños nos pediron a primeira tarefa: colorear para eles as bandeiras dos paises que no século XVI atravesou a expedición Magallanes-Elcano, arredor da que este curso estamos a traballar. 
Aquela primeira carta dos nosos amigos da biblio era unha invitación a pescudar nun misterio do que ainda non imaxinabamos nada.



Despois deste anuncio puxémonos a colorear as bandeiras que nos tocaron, ainda ben sen saber para que ían servir.




Cando chegou o Día das bibliotecas escolares os mouchiños invitáronnos a resolver un xogo de enigmas. Cando o fixemos puidemos conseguir as chaves que abrirían a nosa carpeta de tarefas...tiñamos que investigar unha chea de cousas sobre a primeira parte da viaxe por América do Sur.



















Nas corcheiras e recunchos das aulas foron aparecendo invitacións e novas sobre o tema...














e adicámonos con moitas gañas ás pescudas que a cadaquen lle tocaron...






Non temos fotos da sala de ordenadores,  pero moitos días estivo petada polos nenos e nenas de primaria.
Mentres...
 as axudantes dos mouchiños ían preparando os recunchos das escaleiras onde iamos pór toda a información


 

...o obradoiro de cosido nos recreos de lecer empezou a traballar nas bandeiras e na Cruz de Borgoña que locerá o barco


...e nas clases de ARTs tódolos cursos, de 3º a 6º, prepararon o barco xigante protagonista deste proxecto. Poderedes velo á volta das vacacións, ainda que os cativos de infantil e mailos de 1º e 2º ainda temos que facer a nosa parte.

Cando rematou o trimestre, a escaleira comezou a dar conta informativa do traballo realizado e aquí xa vos amosamos estes primeiros resultados: unha chea de información sobre América do Sur, as terras ás que chegaron  primeiro  os expedicionarios da 1ª circunnavegación do planeta no século XVI. Descubriron culturas, fitos xeográficos, mares e recunchos inexplorados e mudaron a súa visión do mundo, e tamén á dos que viñemos despois.



6º A. Un pouco de historia

6ºB A ruta ata a Terra do Lume
próximamente estará a foto

5º. Os barcos no século XVI

4º Coñecendo Brasil
Faltalles para fin de xaneiro falarnos da Amazonia

3º Coñecendo Arxentina

fáltalles para fin de xaneiro falarnos da Patagonia
Coñecer o océano Atlántico
falta a foto
darannos a coñecer os animais mariños do atlántico a fin da xaneiro

4 anos os paxaros da Amazonia e a Patagonia (falta a foto destes últimos)

Fáltalles para a fin de xaneiro falarnos da Antartida e os seus paxaros


5 anos. Mamíferos da Amazonia
falta a foto dos outros animais que estudaron

                                     
                                                1º animais fluviais do Amazonas

Como vos dicimos, ainda non están todos fotografiados, pero á volta seguiremos amosándovos todo o traballo.