sábado, 22 de decembro de 2018

O NOSO MURAL DE NADAL

O mural de nadal nun curso de celebración tiña que se algo compartido coas familias e coa a ollada posta no noso centro. As cartas aos Reis Magos e os bonecos do noso logo compuxeron un precioso e traballado mural que ainda estade a tempo de desfrutar cando volvamos destas pequenas vacacións.
Coma sempre foi moita a participación das familias e tuvemos que ampliar o mural para dar cabida a tódolos bonequiños que enviastes. Grazas a todos  e aquí vos deixamos as fotos para  que desfrutedes da  vosa creatividade. 







1 comentario:

  1. Parecía que non podía dar moito de sí o 'monigote', pero ó final foi un 'non parar' de imaxinación.

    ResponderEliminar