domingo, 6 de mayo de 2018

A DERRADEIRA MISIÓN DAS FAMILIAS

Os proxectos do curso enfilan xa a súa recta final e daquela os mouchiños mándannos xa  ás súas últimas peticións. Esta é a carta que as familias recibiron nas súas casas o pasado venres co tempo moi xustiño para poder facer a derradeira viaxe de "7 semanas en Vigo". Estamos xa nos mes de maio e "Os Maios" veñen aí coma dí o poema. Así que ánimo! Tedes unhas cantas datas para aproveitar as actividades que se organizan na nosa cidade.
"Vigo misterioso" tamén se despide con murais adicados á natureza non mariña. As rutas das medianeras van continuar con novos proxectos dende o Concello ; así que o vindeiro ano agardamos que sigades ollando con curiosidade para ás nosas rúas, ainda que os mouchiños xa anden noutras teimas.
Coma sempre deixámosvos aquí a carta dos nosos mouchiños.


1 comentario: