sábado, 17 de marzo de 2018

MULLERES DE VIGO: MURAL E SUPLEMENTO XORNALÍSTICO.

Mentres agardades que chegue ás vosas casas a nova edición do Xornal Don Moucho (ainda falta un chisquiño), queremos amosarvos un adianto sobre as mulleres que traballamos nas aulas durante estas semanas. O mural xa loce nas escaleiras para que o poidades ver cando veñades ao cole. Ainda non están tódalas viguesas traballadas porque algunhas aulas ainda non remataron o traballo, pero non temos présa. O importante é que  as cousas que imos facendo vaian deixando a súa pisada. 
Son dez mulleres diferentes escollidas dunha longa listaxe, con traballos moi diversos e experiencias vitais diferentes. Cada aula tivo motivos diferentes tamén para a súa escolla...os  proxectos nos que estaban mergullados, o gusto pola actividade a que se adican e a posibilidade de atopar información sobre elas, cousa moi importante para poder desenvolver as nosas pescudas. Aquí vos deixamos o traballado sobre algunhas delas.












1 comentario:

  1. Tantas e tantas viguesas que fixeron e fan histora. Unha boa homenaxe!

    ResponderEliminar