miércoles, 14 de febrero de 2018

XA ESTÁ A CHEGAR ÁS AULAS UNHA NOVA CARPETA VIAXEIRA



En canto volvamos as aulas os mouchiños xa nos teñen preparada unha nova carpeta viaxeira adicada ao mar de Vigo. Daquela,  e como nos deixaron tempo libre nesta primeira parte do trimestre, imos ter que mergullarnos de cheo en tres tarefas con traballo  variado cos que poder compor 3 novos edificios da nosa cidade. 
"Os Ollos do Polbo", "Os Ollos do barquiño" e "Os ollos da fada e o dragón" dánse a man para axudarnos a investigar a vocación mariña de Vigo, o seu pasado e presente pesqueiro, astaleiro e conserveiro, e maila súa vocación literaria da man de Verne (unha volta máis) e de Martin Códax. Lembrade que o día de Rosalía está aí xa e na fin do trimestre agárdanos  o Día da Poesía que este ano leva o selo dos trovadores vigueses e do Pergamiño Vindel.

3 comentarios:

  1. Que de cousas tan interesantes e apaixoantes tedes plantexadas! Ogallá poidamos seguir o voso ritmo dende casa... que ás veces, imos coa lingua de fora para estar á altura ;-) Noraboa por tanta actividade! Así da gusto!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo voso esforzo. Dá gusto ver o cole cheo de fotos tralas que se agochan tantas experiencias. NOn te preocupes se non chegades a tempo nalgún momento. O importante é participar e o plazo acabará co final de curso. Ata entón podedes mandárnolas vosas cousiñas ainda que non estean no plazo oficial.

      Eliminar