mércores, 28 de febreiro de 2018

TODOS CON ROSALÍA DE CASTRO

Como xa vos contamos no blogue "Fonte dos frades", o venres pasado, 24 de Outubro, 
foi un día de celebración no Párroco. O cumpreanos de Rosalía non podía pasar sen que nós a acompañaramos  e así foi como ela quixo tamén estar connosco e puidemos desfrutar "da súa presencia" e máis das súas poesías. O cole estaba adornado con moitos poemas nas fiestras tal como nos pediran dende a Asociación de Escritores en Lingua Galega e durante un tempiño van ser as nosas as fiestras onde se asomen os seus versos e a "súa- e nosa- fala".  É ben seguro que moitos tamén fixeron súa a petición de agasallar un libro e unha flor neste día.














Dentro do noso proxecto  "Os ollos de Vigo" non podiamos esquecer tampouco "os ollos de Rosalía" e daquela os mouchiños mandaron ás familias á procura deses elementos da cidade que nos falan dun xeito ou doutro dela... a imprenta Compañel, as rotondas cas súas estatuas, os homenaxes feitos pedra ós seus poemas, as rúas adicadas a ela, os parques, os paseos...Todos estes recunchos e as correspondentes fotos foron chegando na data indicada ao cole, moitas mesturadas con outras viaxes solicitadas polos mouchiños. Estas últimas houberon de se integrar nos murais correspondentes, pero coas que viñan só adicadas á sua figura fixemos unha fiestra especial. Despois de viaxar ata o Estreito de Rande no submariño Nautilus no Entroido a xaneliña á que se asomase a nosa poeta tiña que ser un "ollo de boi". Non podía ser doutro xeito. Así tódolos viaxeiros do Nautilus poden xa asomarse e coñecer a esta muller que viviu nos tempos de Xulio Verne. Naceron só con 7 anos de diferencia.

Como o tempo apura e inda estamos a construilo, despois de calcular o grandísimo tamaño que lle tiñabamos que poñer, temos empezado por facer unha reconstrucción dixital mentres non acabamos de pintar o orixinal. Así que desfrutade deste avance tecnolóxico ata poder ver o resultado real nas escaleiras anchas de subida ás aulas. 





1 comentario:

  1. Xulio Verne e Rosalía foron coetáneos! Nunca caera na conta... Dúas personalidades fantásticas :-)

    ResponderEliminar