miércoles, 14 de febrero de 2018

NOVA CARTA PARA AS FAMILIAS

Metidos de cheo no barullo do Entroido os mouchiños aproveitaron para lles poñer deberes ás familias para que poidan seguir completando as súas viaxes por Vigo.
3 son as novas propostas. As dúas primeiras xa case inmediatas...unha viaxe ao
Entroido  Vigués a ver se nos topamos con algún Merdeiro e unha segunda viaxe polos lugares de Rosalía, polas rúas que levan o seu nome e as estatuas que se lle adican; asi como polos lugares que formaron parte da súa vida literaria. O 24 de febreiro celebramos o seu día, de aí o apremio das datas. Polo que respecta ao Entroido se segue a chover e teñen que aplazar os desfiles, os mouchiños poden esperar e alongarán o plazo de recepción dos traballos sen nengún problema.

"Vigo Misterioso" tamén ten unha nova tarefa na que hai que afanarse por atopar os murais relacionados co mar que locen na nosa cidade, entre eles hai dous que teñen que ver coas nosas propostas literarias arredor de Xulio Verne,  o libro Balea e o escritor vigués Ramón Trigo (que enseguidiña entrarán en escea no noso PDI) que formarán parte das nosas lecturas cando volvamos as aulas. Deixámosvos a carta por se algún non a recibiú na casa.

 CARTA AS FAMILIAS

BENQUERIDAS FAMILIAS!:

O entroido xa está aí e  neste mes de febreiro toca facer  a 4ª e  a5ª viaxe  dentro do proxecto familiar “7 semanas en Vigo” no que estades a participar moitos e moitas de vós.

Primeiro queremos que nestes vindeiros días procuredes tódolos recunchiños de Vigo onde asoma o Entroido e fagades coma sempre unhas fotos das vosas vivencias cos vosos fillos e fillas.
Dúas ou tres fotos abondan.
TEDES ATA O 28 DE FEBREIRO

En segundo lugar  o día  24 de febreiro queremos facer unha homenaxe á Rosalía de Castro e sumarnos ao proxecto da AELG “ Abride a fiestra”, recordando a súa persoa e maila súa obra poética.
Daquela pedímosvos que viaxedes a algún dos lugares relacionados con Rosalía que tedes na listaxe que vos damos (ou outro que coñezades vós) e fagades unha foto alí e nola enviedes. Podedes levar se queredes na man unha imaxe de rosalia ou algúns versos de “Cantares Galegos”. Nós meteremos a foto nunha fiestra de cartón  e faremos  con elas un mural. TEDES ATA O 22 DE FEBREIRO

LUGARES DE ROSALÍA
- Imprenta de Juan Compañel  na rúa Real, onde se editou “Cantares Galegos”
-Paseo de Rosalía de Castro no Castro
- Rúa Rosalía de Castro preto do Areal
- Monumento a Rosalía na rotonda da rúa Rosalía/rúa República Arxentina
- Escultura da rotonda de Canceleiro con rúa Rosalía adicada a un dos seus poemas.



Por outra banda, temos outro encarguiño para os que participades en “VIGO MISTERIOSO”.
Tedes que atopar  ALGÚN dos murais adicados ao tema mariño que están espallados pola cidade.
Como pista dámosvos as rúas nas que tedes que buscar. Nelas atoparedes escritores importantes para Vigo, monstros e criaturas mariñas, caracolas e incluso barcos e xentes do mar. A ver que descubrides!!.TEDES ATA O 16 DE MARZO.

Listaxe de rúas con murais mariños.
Avenida da Florida
Torrecedeira
Beiramar
Areal
Hispanidade
Blein Budiño
Monte do Castro
O Calvario


Os pasaportes seguen a encherse cos selos das vosas viaxes e chegarán ás vosas casas á fin de curso, no remate do proxecto...así que ánimo!!! Estades facendo un traballo estupendo.

Os mouchiños da biblio queremos dárvo-las grazas polo feito ata agora. Son moitos os anaquiños da cidade que estamos a coñecer convosco. Que sigades desfrutando.

1 comentario:

  1. Faremos o que poidamos, contade con nós, coma sempre!! Nosa cidade é un auténtico Tesouro de Rande afundido... tantas cousas por descubrir... pasamos polas rúas sen mirar. É un bo exercicio para adultos e nen@s o de frear o ritmo, deterse e ollar.

    ResponderEliminar