martes, 13 de febrero de 2018

LEMBRANDO O 1º TRIMESTRE:OS OLLOS DO DINOSETO

No segundo banzo da escaleira ancha loce hai tempo o traballo documental e multidisciplinar feito polas aulas ao redor do Dinoseto. 

  
A silueta feita desta volta corresponde ao edificio que se atopa nas costas do Dinoseto e que no seu día foi un teatro. Se nos fixamos nas fotos antiguas veremos que a súa faciana consérvase case igualiño ca entón.

Pero que estivemos a pescudar sobre o Dinoseto e o seu emplazamento?. Imos desmigallar para vós o traballo das aulas: 


 3º e 4º a foron os encargados de explicarnos qué e o Dinoseto e onde se localiza xeográficamente na cidade.




5º abordou dende o punto de vista filosófico e de formación crítica os pros e os contras da futura peatonalización da Porta do Sol.




4º b e infantil achegáronse o Dinoseto dende o punto de vista da Ciencia. 
Quen sos os inimigos naturais do dinoxeto vexetal...


quen foron os dinosaurios e que cousas aprendemos mal co Dinoseto...



que clase de dinosaurio é o Rinoseto que atopamos en Navia e que comía...


 e  como se reproducían os dinosaurios



1º encargouse desta volta de punto de vista matemático


2º achegouse a él dende o punto de vista literario

 

E 6º mergullounos unha vez máis na historia das rúas máis proximas ao Dinoseto Principe e a Princesa.








1 comentario:

  1. Que bo traballo para coñecer máis a cidade de Vigo dende un punto de vista ben 'peculiar' XD

    ResponderEliminar