sábado, 9 de diciembre de 2017

VIGO MISTERIOSO

O noso cole convertiuse de súpeto, coa impresionante cantidade de traballiños aportados polas familias, nun maravilloso percorrido por algúns dos recunchos de Vigo. Os mouchiños pedírannos información sobre a ubicación do mural de Magallanes e ademais de ver como moitos de  vós atopáchedelo sen problemas, trouxestes moitos detalles interesantes desas rúas que non coñeciamos ou nos que non repararamos. Graciñas a todos. Enseguidiña  estarán nas aulas os vosos pasaportes viaxeiros. Antes temos que facer reconto de tódalas familias que participastes. Mentres desfrutade dos traballiños nas vosas visitas ao cole ou ide mirándoos aquí. Iremos facendo pouco a pouco unhas presentacións dos vosos traballos en cada parte do proxecto para que todos poidades desfrutar delas.



1 comentario:

  1. Estamos aprendendo tanto de Vigo e descubrindo tantas cousas da nosa cidade que ides ter que cambiar o nome de 'Vigo misterioso' por 'Vigo sen segredos para @s alumn@s do Párroco Don Camilo' :-)

    ResponderEliminar