venres, 27 de outubro de 2017

SEMANA GRANDE NA BIBLIOTECA

As actividades de inicio na biblio coinciden sempre coa celebración do día da Biblioteca, o 24 de Outubro. Nós en troques dun día quixemos celebrar unha semana e darlle  un toquiño de Samaín que está xa ás portas.
Na hora de ler e un pouquiño (bastante) máis  fomos xuntándonos os distintos  cursos de 2 en 2 para compartir lecturas de medo na biblio e facer xuntos un pequeno adorno para estes días.
 A lectura compartida resultou moi ben, todos -grandes e pequenos-disfutaron arreo e deixaron a biblio adornadiña que da arrepío mirar xuntos tantos castelos de terror, bruxas e monstros...

Pero o mellor de todo foi coñecer a unha nova mouchiña, Edelmira, que ven de chegar a Vigo despois de dar varias voltas arredor do mundo. A súa linguaxe é a de signos. Ten moitas gañas de coñecernos a nós e a nosa cidade e de seguro que nos contará unha e mil aventuras das que lle sucederon nas súas viaxes.


















2 comentarios:

  1. É moi fermoso ver traballar a nen@s de cursos diferentes tirando do esforzo 'tod@s a un'. Grazas!

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que foi unha festa da lectura na que tódolos cursos desfrutaron arreo. Vai ser outra "rutina" a repetir.

    ResponderEliminar