miércoles, 17 de mayo de 2017

A GALIÑA AZUL VIAXEIRA

Como particular homenaxe a Carlos Casares, outra das actividades programadas para este día é a feitura dun caderno arredor do conto infantil "A galiña azul". A galiña de Carlos viaxou estas últimas semanas por tódalas aulas do cole para  que nós tamén poideramos pór os nosos "ovos de cores" e os enchesemos coas historias que este conto tan especial nos suxeriu. 
Agora mesmo temos problemas para subir o caderno enteiro, asi que de momento deixámosvos a portada para ir facendo boca. A ver se dentro dun tempiño hai mais sorte e podedes velo todo.



1 comentario:

  1. Agardamos con impacencia para ver o contido. Seguro que nos sorprende!

    ResponderEliminar