miércoles, 26 de abril de 2017

CONTOS DE RÍO E OUTRAS HISTORIAS

Os mouchiños piden unha vez máis a axuda dos pais e nais do cole para colaborar connosco en dúas exposicións moi especiais. 
Unha delas ("Os libros das familias") cumpre xa un ano mais no que os libros das casas van vir de visita á nosa biblioteca para desfrute de todos. De feito acabamos de inaugurala no día de onte. Aínda así podedes seguir aportando libros se o desexades. Enseguidiña vos amosaremos as primeiras fotos.

Outra homenaxea ó autor co que imos traballar xa ata fin de curso, o protagonista das Letras Galegas deste ano Carlos Casares. Esta exposición  vai ser unha das varias actividades  nas que pais, nais, profes e nenos imos participar, co gallo desta celebración.
Por se non chegou  á vosa casa, aquí tedes a carta dos mouchiños. 





2 comentarios:

  1. Que magoa! Acabo e ler a carta dos mouchiños. Na casa temos unha edición de 'O principiño' mercada pola aboa de xoven e que xa limos tres xeracións (aboa, filla e neta). É da década dos 70. ¿Seica inda a podemos aportar para a exposición?

    ResponderEliminar
  2. Claro que sí. É un exemplar que non pode faltar. A exposición do "principiño" ainda se está montando. E ainda que non fose así sempre acollemos todo o que chega con entusiasmo. A data de "plazo" que poñemos é so unha referencia. Graciñas como sempre pola túa colaboración.

    ResponderEliminar