domingo, 30 de abril de 2017

VISITAS DE AUTORES NO MES DOS LIBROS

Durante o mes de abril sucedéronse 3 visitas de autores que nos achegaron máis aos libros e a súa lectura dende a perspectiva do escritor e ilustrador.
1º e 2º de Primaria coñeceu a Iago López autor do Cociñeiro Martiño. O autor contou este conto que levabamos tempo traballando nas nosas aulas. Foi emocionante participar na dramatización da historia e converternos por uns intres nos personaxes dun mundo cheo de maxia e encanto. 




3º e 4º coñeceu a Pepe Tobaruela  autor do libro Formigas.





5º e 6º coñeceu a Anxo Fariña, quen deixou unha pequena mostra da súa arte.  O seu estilo de debuxo áxil e sinxelo  plasmouno nunha estupenda caricatura, dun alumno de quinto, caracterizado coma un ciberneno. Tamén nos contou como xurdiu a idea de facer "A chave da Atlántida", a historia do continente perdido. 




mércores, 26 de abril de 2017

UN NOVO RETO LECTOR NO MES DOS LIBROS: DON QUIJOTE

Resultado de imaxes para DON QUIJOTE




Como podedes ver na columna da dereita, temos un novo reto lector. Aínda que están pensados para pais e nais coido que os nenos e nenas do cole tamén poden animarse a participar lendo unha cachiño deste libro na biblioteca, na que temos exemplares especiais para lectores novos, ou na hora lectora.
Atrevédevos a mergullarvos nesta lectura e contádenos as vosas experiencias

CONTOS DE RÍO E OUTRAS HISTORIAS

Os mouchiños piden unha vez máis a axuda dos pais e nais do cole para colaborar connosco en dúas exposicións moi especiais. 
Unha delas ("Os libros das familias") cumpre xa un ano mais no que os libros das casas van vir de visita á nosa biblioteca para desfrute de todos. De feito acabamos de inaugurala no día de onte. Aínda así podedes seguir aportando libros se o desexades. Enseguidiña vos amosaremos as primeiras fotos.

Outra homenaxea ó autor co que imos traballar xa ata fin de curso, o protagonista das Letras Galegas deste ano Carlos Casares. Esta exposición  vai ser unha das varias actividades  nas que pais, nais, profes e nenos imos participar, co gallo desta celebración.
Por se non chegou  á vosa casa, aquí tedes a carta dos mouchiños.