viernes, 24 de febrero de 2017

ROSALIATE

Despois da invitación feita polo noso mouchiño Johnbook foron moitas as familias que fixeron a súa foto cos versos de Rosalía. Algunhas atrevéronse mesmo a viaxar ata os lugares que aparecen nos seus poemas para coñecelos en vivo e en directo. Aqui podedes ver o estupendo mural que compuxemos con tódalas vosas aportacións. 
Noraboa por atrevervos a mergullarvos nun mundo sempre difícil, o da poesía e nun xeito de "contar" a vida que pode parecer lonxano, pero que verso a verso amósasenos moi actual. 
Por outra banda, temos que seguir invitándovos a participar no Reto lector de ler á Rosalía. Xa hai tres valentes que deixaron o seu comentario. Noraboa tamén!


4 comentarios:

  1. Penso que nesta aportación familiar estaba eu máis emocionada que os nenos ;-P Encantoume afondar na vida de Rosalía xunto ós meus fillos, inda que penso que todavía non son capaces de comprender en todo o seu sentido temas como o drama da emigración ou a dor pola perda dun fillo... Eu, dende logo, desta vez, rodeada da miña familia, 'sufrín' os versos como poucas veces... Grazas polo reto!

    ResponderEliminar
  2. Coma sempre decimos na miña aula cada cousa ten o seu momento. Polo de agora déixaos desfrutar da poesía ainda que queden só na superficie, moitas veces moi fermosa.Tempo terán para vivi-las cousas con outra perspectiva diferente.

    ResponderEliminar
  3. Ah, Grazas pola túa participación e a de todos os que se implicaron nas fotos e no reto.

    ResponderEliminar