luns, 13 de febreiro de 2017

JOHNBOOK O MOUCHIÑO COLABORA CON ROSALÍA

O mouchiño do mes de Febreiro ten para tódolos pais e nais do cole unha invitación moi especial. Neste mes  no que imos celebrar o Día de Rosalía, quere que nos fagamos unha foto coa familia ou os amigos lucindo a súa faciana (á de Rosalía) e amosando algúns dos seus versos. Esta é a carta que enviou ás vosas casas.




























Daquela animádevos!!. Buscade uns versiños da autora. Na nosa pestana de Rosalía de castro, aquí arriba, tedes moitos. Que alguén poña a carauta ou disfrazádevos (ou que saia na foto a súa imaxe) e mandádenola ao cole. Formaremos todos parte dunha grande homenaxe organizada pola AELG (Asociación de escritores en Lingua Galega)  á nosa poetisa.
E se participades no Reto Lector non esquezades deixar un comentario na pestana de "Rosalía".
Graciñas e desfrutade.

Aquí deixámosvos a carauta.



2 comentarios:

  1. A cabeza do Mouchiño non para!! Imos ver que sae deste reto! :-)

    ResponderEliminar
  2. Estámolo desexando. Achegarse ós versos da autora é un reto interesante.

    ResponderEliminar