lunes, 27 de febrero de 2017

ENTROIDO FLUVIAL

O Miño desfilou no entroido polo patio da nosa escola, como non podía ser doutra maneira neste curso no que  queremos achegarnos a súa faciana dende tódolos recunchiños posibles. O desfile estivo presidido pola nosa "meca" a Xacia Miñoncesa, ser máxico característico do noso río. Ía ela elegantemente vestida para a ocasión e seguida por uns guías turisticos moi metidos no seu papel e dispostos a presentarnos e levarnos da man a descubrir as maravillas que se agochan nas beiras do Miño.

A natureza estivo representada por algúns habitantes do río como as señoras troitas, mais listas elas que as lampreas que tamén viñeron ao desfile, pero xa feitas receitas riquísimas elaboradas por uns cociñeiros moi prehistóricos e moi expertos.
As libeliñas, coas súas fermosas ás sobrevoaron o río, admirando a todo o público; o mesmo que os carballos que se facían fortes na beiriña para protexer os seus veciños os mouchos. Con moito esforzo e moita presa  pasaban os pelegríns, camiño de Compostela,  pero disfrutando ao mesmo tempo da paisaxe e dos impresionantes viñedos que atopaban no camiño antes de virar cara o seu destino.
Os vikingos desta volta trouxeron as súas cámaras de fotos, para poder desfrutar do que non puideron antes, cando viñeran invadirnos e chegaron ata Ribas do Sil remontando o río dende a Guarda. Daquela fixeran mil desmáns,  ademais de deixarnos tamén algo da súa cultura. Aínda así portaban escudos e espadas...nunca se sabe onde hai que presentar batalla!!.
Pechando viñan os pequeniños co seu toque azul e branco das cores da nosa bandeira. Estabamos todos os que somos e todos dispostos para bailar e cantar a canción de Andrés do Barro "O tren", versionada e musicalizada por un voluntarioso pai do colexio que foi quen nos fixo a música e a cantou. Así xa estabamos todos listos para subir no noso especial tren turístico dirixidos pola "que manda",  quen ía vestida de maquinista ferroviario.













4 comentarios:

  1. Os rapaces estaban estupendos! e o mellor, con disfraces feitos por eles na clase :-) O baile, fenomenal: unha coreografía de auténticos profesionais. Noraboa!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas pola túa noraboa. A verdade é que todos disfrutamos moito con este tema e con tódolo organizado. O de facer os disfraces na clase para min é moi importante senón perderíamos boa parte da vivencia e a motivación. Grazas a ti e a todos por acompañarnos.!

      Eliminar
  2. Bravo por eses pequenos artistas!!! E si, gran parte da motivación ven dad do bo traballo feito por eles mesmos, estaban superfelices e orgullosos! Moitas grazas pola vosa dedicación!!! Un saúdo!

    ResponderEliminar