venres, 23 de decembro de 2016

SUXERENCIAS LECTORAS DAS FAMILIAS

Os mouchiños da biblioteca queren que vos deámo-las grazas pola vosa participación na actividade de suxerencias lectoras. Xa miramos que, aínda que pedían recomendacións para adultos, moitos nenos quixeron repetir a experiencia que xa fixeran no cole e volveron suxerir outros contos interesantes para todos. Ollade como quedaron as vosas tarxetiñas no bosque de árbores de nadal da nosa entrada principal.! 
Nestes días de descanso das aulas prepararemos unha presentación con tódalas vosas suxerencias de lectura para dárvolas a coñecer a todos. Nós xa miramos algún título por aí no que nos vai apetecer mergullarnos.!





1 comentario:

  1. Non pensamos que fose tan difícil elexir un so título... Costoulles un pouco ós nenos, a verdade, porque xa levamos uns cantos libros as nosas espaldas ;-P

    ResponderEliminar