martes, 6 de decembro de 2016

NOVEMBRO.MES DA CIENCIA EN GALEGO

En novembro o noso expositor encheuse de Ciencia en galego. O tema escollido foron as "Ciencias naturais" cos ríos, as paisaxes, a flora e a fauna galegas como protagonistas. Este é o noso primeiro achegamento científico ao tema do noso PDI.




Dous obradoiros de Ciencias se organizaron nestas datas dende..... Deles dannos conta  os nenos de 2º e de 3º.


Este luns, 28 de novembro, recibimos a visita na nosa escola dun home chamado Marcelo que nos desvelou os segredos da pasta de dentes: os seus ingredientes, para que serve cada un deles, o seu uso... e así fixemos coas nosas propias mans unha estupenda e ecolóxica pasta dentrífica. Encantounos!


O pasado venres 18 de novembro, o alumnado de 3º asistiu a un obradoiro de "Saquitos Aromáticos", no que aprenderon a distinguir distintas herbas como a menta, o tomiño, a herba luisa..., entre outras, e os diversos usos que teñen. Tanto aprenderon, que ao final fixeron eles mesmos o seu propio saquito aromático!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario