venres, 23 de decembro de 2016

A NOSA ÁRBORE DE NADAL CON ARTE

Este Nadal quixemos facer unha mestura e incorporar na nosa decoración de nadal as suxerencias lectoras que tan ben veñen nestes tempiños nos que andamos a argallar mil e unha ideas para as peticións aos Reis Magos. Tamén dábamoslle volta ao lema das BE deste curso "Biblioteca da Arte". Daquela ocurriúsenos compor entre todos unha grande árbore de Nadal inspirada no cadro "A árbore da vida" do pintor Gustav Klimt. As follas da árbore serían unhas espirais doradas nas que haberíamos de escribir tódalas nosas suxerencias lectoras.
Ademais as nosas cabeciñas matinaron  tamén como xuntar esta idea coa marcha do noso PDI adicado ao Río Miño... Dificil. Non si?. Este foi o orixinal resultado. O mellor de todo coma sempre foi compartir o noso libro favorito con tódolos nenos e nenas do cole.



Imos amosarvos algunhas das peticións. Imposible fotografíalas todas...son 200!











Xa sabedes pedídelle un libro aos Reis Magos...os maiores tamén.!



1 comentario:

  1. E que é ver a foto e pensar en Gustav Klimt. Fermoso! Arte e literatura, que boa combinación para despertar a creatividade dos cativos! Noraboa!

    ResponderEliminar