xoves, 27 de outubro de 2016

MURAL DE PRESENTACIÓN DO PDI

Cun pouqueniño de retraso presentámosvos o mural de información das actividades mensuais relacionadas co PDI.  Retrasámonos só co mural porque o traballo xa está en marcha dende  o comezo do mes. Moucholibro infórmanos da súa lumiidea deste mes. Logo del os outros mouchiños irán saíndo á pizarra para nos presentar as súas ideas. Non esquezades que este curso matriculáronse na Escola de Turismo e temos que axudalos a coñecer e  estudar os roteiros e as propostas de turismo sostible que están organizadas arredor do Río Miño...e de paso coñecer as nosas bisbarras do interior!!







OS NOSOS TRABALLOS MAIS DE PRETO

Comezamos a vos ensinar máis de preto os traballiños que están na nosa exposición "Outono no Miño". Pouco a pouco subiremos mais e iremos explicando o que quixo aportar cada familia.Como ides ir vendo as ideas recollidas serven para ir coñecendo distintas cousas do noso río.


luns, 24 de outubro de 2016

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A exposición  "Outono no Miño" está  colocada na entrada do cole e temos xa  as primeiras fotos das impresionantes cousas que están enviando as familias. Pouquiño a pouco iremos subindo mais fotos para que disfrutedes de tódolos traballiños. Con esta exposición queremos celebrar dun xeito especial o  24 de Outubro "Día das Bibliotecas Escolares", admirando as vosas primeiras olladas cara o Miño.




xoves, 20 de outubro de 2016

TODO ESTÁ PREPARADO...

Mañá 21 de Outubro é o día sinalado para comezar a colocar os traballiños que xa van chegando ao cole na nosa exposición de "principio de proxecto". E antes de empezar a colocalos gústanos que vexades que todo está xa disposto.




Se non tivestes tempo a preparar algo, non vos preocupedes; este recunchiño irase enchendo pouquiño a pouco coas nosas e vosas aportacións, ...así que ánimo!

venres, 7 de outubro de 2016

OS MOUCHIÑOS EMPEZAN A DA-LA LATA

Para dar comezo, de xeito conxunto, ao noso novo Proxecto Documental "Pola beira do Miño" os mouchiños da biblioteca veñen de nos  facer unha petición especial...colaborar nunha exposición de outono con cousiñas relacionadas co río feitas con material propio desta estación. (follas, froitos secos, froitas,...). Animádevos a participar!
Esta é a carta que mandaron ás familias.


mércores, 5 de outubro de 2016

COMEZAMOS

Aínda que non o  pareza estamos a preparar todo o que temos por traballar este curso. A biblioteca xa está aberta dende hai uns días e mañá comezan as lecturas dos xoves. Estamos a dar os últimos toques ó noso novo proxecto e enseguidiña teredes novas do mesmo...mentres dámosvos conta do título "POLA BEIRA DO MIÑO" para que todos vós empecedes a matinar tamén nel...nunca se sabe  o que se lles pode ocorrer aos nosos mouchiños!