viernes, 22 de abril de 2016

PADRIÑOS LECTORES 2016 EN DOUS TEMPOS

Xa está aí o día do Libro e esta semana, aínda mais centrada nos libros do que xa estamos sempre, remata cunha guinda moi especial…unha nova edición de “Padriños Lectores” . Cando chegou a hora sinalada os padriños foron onda os afillados e collidos da man procuraron un recunchiño no patio onde poder comezar as lecturas. Tiñan preparado un fermoso agasallo que os pequenos recibiron con entusiasmo. Todo semellaba ir moi ben ata que de súpeto comezou a choviscar…Caramba,- pensamos as profes- Xa se nos fastidiou este intre tan delicioso!. Pero non, non houbo ningunha fuxida apurada. Cada madriña e padriño colleu ao seu afillado e  afillada e marcharon cara dentro. Cando todos estabamos a cuberto, ollamos con moita sorpresa que a actividade lectora non parara e todo o mundo enchía corredores, escaleiras, aulas…para continuar as lecturas coma se non se tiveran mudado de sitio. Leron moito, moitísimo, en calquera recuncho e de tódolos xeitos e posturas e ningunha delas…disparatada!! (Por certo, moitas grazas a tódolos los que fixestes achegas para as exposición de libros e fotos).
Os máis grandes dos pequenos atrevéronse a lle ler algo tamén aos padriños. Os pequeniños de todo compartiron tamén cos padriños os seus libros de sempre, os que teñen na aula. E así, fóronse sucedendo unhas lecturas e outras, disfrutando todos de poder lermos xuntos grandes e pequenos.


1 comentario:

  1. Os meus nenos esperan con moita emoción a chegada deste día e preparan con moito agarimo os regalos para os seus padriños/ afillados. As imaxes son fermosísimas!! Tantos nenos unidos pola lectura e en total harmonía... Grazas!

    ResponderEliminar