viernes, 15 de abril de 2016

MES DOS LIBROS E ACTIVIDADES DO TRIMESTRE

Este trimestre semella que vai estar cheo de movemento na biblioteca. Son moitas as novas que vos imos ir contando, pero cada cousa no seu momento.
A carta dos mouchiños ás familias tivo moi boa acollida e o noso cole está a se encher non só de libros e fotos coas lecturas disparatadas, senón tamén con pequenos e grandes faros que están florecendo nas aulas coma se fosen flores do xardín nesta chuviosa primavera. Éstes e tódolos novos faros que vaian chegando agardarán a súa quenda. Lembrade que esta exposición será no mes de Xuño. Así que tedes tempo de sobra os que queirades participar na mesma.

Os "libros disparatados" xa están nun andel da biblioteca agardando que tódolos nenos do cole pasen a botarlle unha ollada ou tamén unha boa lectura. Segundo ían chegando ás aulas xa fomos moitos os que contamos as súas historias  na clase antes de levarllos aos mouchiños para que os colocaran no seu recuncho especial. Aínda seguen chegando e enseguidiña as novas incorporacións viaxarán tamén ata a biblioteca.
O mesmo pasa coas fotos. Cada día chéganos unha nova imaxe con nenos lendo de xeito especial para formar parte do pequeno mural que puxemos na entrada co cole.
As fotos que vos ensinamos son dos primeiros días da exposición; pero xa vos dicimos, o luns vai haber que facer novas fotos porque as aportacións foron medrando ao longo da semana.







Ademáis disto, neste mes seguen o seu camiño polas aulas:
- a maleta viaxeira adicada a Galicia,
-o libro viaxeiro co poemario "A mares",
-o conto recomendado polos mouchiños dentro dos itinerarios lectores do noso  Proxecto "Coas mans baleiras" e o seu caderno viaxeiro para que apuntemos as nosas recomendacións
e o libro de arrolos que fixeramos no mes de xaneiro.
Cando teñamos fotos de todo xa volas amosaremos.

1 comentario:

  1. Coma sempre, un pracer poder colaborar dende casa nos proxectos do cole. Todos a unha ;-)

    ResponderEliminar