martes, 26 de abril de 2016

SEMANA DA PRENSA 2ºA

Despois de baixar a ver a exposición sobre a prensa que estaba no vestíbulo do colexio e logo de elexir algunhas noticias, os nenos de 2º A fixeron uns traballiños en grupos sobre distintas noticias relacionadas co faro de Cabo Vilán. Aqui tendes as fotos do que foi o traballiño na aula e da exposición dos mesmos aos compañeiros.

venres, 22 de abril de 2016

PADRIÑOS LECTORES 2016 EN DOUS TEMPOS

Xa está aí o día do Libro e esta semana, aínda mais centrada nos libros do que xa estamos sempre, remata cunha guinda moi especial…unha nova edición de “Padriños Lectores” . Cando chegou a hora sinalada os padriños foron onda os afillados e collidos da man procuraron un recunchiño no patio onde poder comezar as lecturas. Tiñan preparado un fermoso agasallo que os pequenos recibiron con entusiasmo. Todo semellaba ir moi ben ata que de súpeto comezou a choviscar…Caramba,- pensamos as profes- Xa se nos fastidiou este intre tan delicioso!. Pero non, non houbo ningunha fuxida apurada. Cada madriña e padriño colleu ao seu afillado e  afillada e marcharon cara dentro. Cando todos estabamos a cuberto, ollamos con moita sorpresa que a actividade lectora non parara e todo o mundo enchía corredores, escaleiras, aulas…para continuar as lecturas coma se non se tiveran mudado de sitio. Leron moito, moitísimo, en calquera recuncho e de tódolos xeitos e posturas e ningunha delas…disparatada!! (Por certo, moitas grazas a tódolos los que fixestes achegas para as exposición de libros e fotos).
Os máis grandes dos pequenos atrevéronse a lle ler algo tamén aos padriños. Os pequeniños de todo compartiron tamén cos padriños os seus libros de sempre, os que teñen na aula. E así, fóronse sucedendo unhas lecturas e outras, disfrutando todos de poder lermos xuntos grandes e pequenos.


AS AULAS CONTAN: O RATO E OS VENTOS

Dentro das actividades do mes dos libros os nenos de infantil tiveron a sorte de desfrutar dun contacontos moi especial. Os nenos e nenas de 2ºA prepararon un  precioso conto en Kamishibai. Tratábase dun  dos sete contos de Arnold Lobel do seu libro "Contos de ratiños" editado por Kalandraka. Eles adaptaron o conto, debuxaron as escenas, organizaron o seu desenvolvemento e non esqueceron contalo con moita soltura e preparar elementos motivadores para enganchar a un público tan dificil,  pero sempre disposto a deixarse sorprender. En dúas sesións diferentes atrevéronse primeiro cos pequenos de 3 e 4 anos e despois cos de 5 anos. E as dúas veces fixérono moi ben. Ademáis agasalláronnos cuns preciosos barquiños de papel que tiñan ben agachadiños dentro dunha misteriosa rede. O tema do conto xa volo imaxinades...o mar. É que este curso estamos moi mariñeiros.
Como remate de ouro da sesión Inés e André atrevéronse cun conto inventado e preparado con papiroflexia. A todos encantoulle.


xoves, 21 de abril de 2016

ÉRICA ESMORÍS VISITA A 5º E 6º DE PRIMARIA

O xoves 14 de abril, os alumnos de 5º e 6º de primaria recibiron a visita da autora Érica Esmorís, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, co seu libro "Nena e o mar". Ao longo de hora e media, fixo un percorrido da súa vida como escritora. Contoulles a súa paixón polos animais, o mar e a creación literaria. Como é o seu proceso escritor desde que comenza un libro, ata que o finaliza.
 Este libro foi adicado ao seu "neno-serea", un gato precioso chamado Pepe. Escoitaron tamén a banda sonora que compuxo o seu mozo para "Nena e o mar".
 Despois de adicarlles o libro, invitáronna a ver unha pequena exposición de maquetas e debuxos que xurdiron despois da lectura.





 














sábado, 16 de abril de 2016

METALMOUCHO PIDE AXUDA ÁS AULAS...E VAN TRES.

Sí...é a terceira vez neste curso que un dos mouchiños pide axuda para completar un traballo documental. Desta volta é Metalmoucho, o gardián da biblioteca no mes de Abril, quen nos mandou unha mensaxe personalizada (cada aula recibiú unha encarga diferente) para que lle axudaramos a pescudar que faros hai na costa  que está mais ao Norte de Galicia: a Costa Ártabra  e a Mariña lucense. 
Será esta a definitiva? ou aínda nos van ter procurando máis e máis faros durante moito tempo? Imos ir facendo o noso traballo nas aulas e xa veremos o que pasa. Polo de agora, xa temos visto que un piso máis arriba (subindo cara o piso dos maiores do cole) xa prepararon os mouchiños un novo mural coas súas preguntiñas que todos imos contestar coma sempre con moito gusto e moita adicación. Non nos puideron dicir que faros eran e onde se atopaban; a única pista que nos dan é unhas vistas que albiscaron cos seus catalexos. A ver que imos facer nós cun cacho tan pequeno! Ao mellor algún de vós quere axudar. Si tal ollade  as imaxes que nos deixaron.







detalle dun dos espacios que nos prepararon







RASI: UNHA MASCOTA PARA A APRENDIZAXE

Os nenos e nenas de 1º e 2º teñen na súas aulas unha boa amiga: a esquío Rasi. Quérena moito. A ela e aos personaxes da  súa cuadrilla. Tódolos días aprenden cousas nas aulas con eles e mesmo cada semana levan a  mascota Rasi para as casas, para compartir con ela algunhas cousiñas das súas vidas. Logo cando a traen de volta á escola contan tódalas  vivencias que tiveron con ela aos  compañeiros e amósanlles os debuxos ou fotos que fixeron con ela no libro viaxeiro.
Asi que imaxinade que alegría levaron cando o pasado mércores día 6 baixaron á biblioteca e estaba Rasi agardando por eles. 
Foi moi soprendente ver o seu tamaño "real". Con ela falaron, bailaron, cantaron, déronlle apertas e bicos e mesmo fixeron un debuxo.
Aqui  vos deixamos as fotos.

FOTOS PROMETIDAS DOS CONTACONTOS ADICADOS Á MULLER.


Nos contacontacontos do mes de marzo adicados ao Día da muller traballadora Martina e Cata de 2ºde Primaria presentáronnos a Cocó Chanel.











Ainhoa e Javi de 4º de Primaria achegáronnos á figura de Frida Kahlo e fixéronnos desfrutar moito da súa lectura.












venres, 15 de abril de 2016

MES DOS LIBROS E ACTIVIDADES DO TRIMESTRE

Este trimestre semella que vai estar cheo de movemento na biblioteca. Son moitas as novas que vos imos ir contando, pero cada cousa no seu momento.
A carta dos mouchiños ás familias tivo moi boa acollida e o noso cole está a se encher non só de libros e fotos coas lecturas disparatadas, senón tamén con pequenos e grandes faros que están florecendo nas aulas coma se fosen flores do xardín nesta chuviosa primavera. Éstes e tódolos novos faros que vaian chegando agardarán a súa quenda. Lembrade que esta exposición será no mes de Xuño. Así que tedes tempo de sobra os que queirades participar na mesma.

Os "libros disparatados" xa están nun andel da biblioteca agardando que tódolos nenos do cole pasen a botarlle unha ollada ou tamén unha boa lectura. Segundo ían chegando ás aulas xa fomos moitos os que contamos as súas historias  na clase antes de levarllos aos mouchiños para que os colocaran no seu recuncho especial. Aínda seguen chegando e enseguidiña as novas incorporacións viaxarán tamén ata a biblioteca.
O mesmo pasa coas fotos. Cada día chéganos unha nova imaxe con nenos lendo de xeito especial para formar parte do pequeno mural que puxemos na entrada co cole.
As fotos que vos ensinamos son dos primeiros días da exposición; pero xa vos dicimos, o luns vai haber que facer novas fotos porque as aportacións foron medrando ao longo da semana.







Ademáis disto, neste mes seguen o seu camiño polas aulas:
- a maleta viaxeira adicada a Galicia,
-o libro viaxeiro co poemario "A mares",
-o conto recomendado polos mouchiños dentro dos itinerarios lectores do noso  Proxecto "Coas mans baleiras" e o seu caderno viaxeiro para que apuntemos as nosas recomendacións
e o libro de arrolos que fixeramos no mes de xaneiro.
Cando teñamos fotos de todo xa volas amosaremos.

CONTACONTOS DOS XOVES

No novo trimestre volveron empezar as xornadas de lectura dos xoves.  Comezamos coa lectura do conto "Belisario, o dinosaurio" con moito público. Os cativos de 5 non quixeron perderse un conto tan ben contado por algunha das irmás maiores e as súas compañeiras.
Deixámosvos estas fotos para que vexades a estas tres nenas de  3ºde Primaria.