jueves, 3 de marzo de 2016

DÍA DE ROSALÍA NA BIBLIOTECA E NAS AULAS

O pasado 24 de febreiro e convocados por JohnbooK reuníronse na biblioteca tódolos nenos de infantil de 3, 4 e 5 anos e 1º, 2º e 3º de Primaria para festexar o Día de Rosalía.
Previamente nas aulas, e respondendo á invitación feita polo mouchiño, foron moitos os cursos que encheron cos seus debuxos  a tarxeta postal que nos enviara a  Asociación de Escritores en Lingua Galega para lle remitir  ás familias.
Aquí amosámosvos algunha delas




Aproveitamos a hora de ler para desfrutar xuntos dos poemas recitados e musicados polos nenos de 5 anos e de 2º A de Primaria. Os escollidos foron o poema " Lugar máis fermoso" a cargo dos cativos de 5  anos ( a ritmo normal e de rap) e Alborada recitado polos nenos de 2º de Primaria, quen tamén nos invitaron a escoitar a versión feita pola cantante Uxía.
Os maiores do cole non puideron asitir porque estaban de excursión.
Ao día seguinte foron os alumnos de 4º de Primaria quen compartiron cos nenos de 5 anos este acto festivo e recitaron outro precioso poema"Adios ríos, adios fontes".
Velaiquí as fotos das xornadas.


1 comentario:

  1. Sempre é un pracer escoitar poesía en boca dos nenos. Son xeniais!

    ResponderEliminar