venres, 13 de novembro de 2015

REILIBRO PIDE AXUDA

Avanzamos no mes de novembro e xa temos novas de REILIBRO, o mouchiño que vixía a biblioteca no mes de novembro. O caso é que xa non está na biblioteca porque os fortes ventos das outras semanas (dos que con este soliño non acordamos) deron coas súas ás nunha...BATEA!!.
Ollade a mensaxe que nos chegou ás aulas.



E a que faros refírese?. .Enseguidiña saimos  na súa procura e abofé que atopamos moitos e moi diferentes. A cada aula tocoulle investigar un distinto.

Agora temos que poñernos á tarefa para axudar ao mouchiño...claro que se estades aburridos podedes vos tamén mirar se sodes quen de localizalos!!!.







Ningún comentario:

Publicar un comentario