lunes, 26 de octubre de 2015

DE VAGARIÑO, PERO XA DE VOLTA

Coma todos sabedes, hai algún tempo que botamos a andar neste nova andaina da biblioteca e coma sempre o tempo case non dá para nada e menos para facervos chegar á vidiña que xa latexa nos nosos tempos de lectura dentro e fora dela. 
Este curso temos un NOVO PROXECTO,- que xa vos  presentamos nun blogue especial que atoparedes na columna da dereita-,  e daquela os LUMIMOUCHOS andan inquedos porque ainda que teñen moito traballo que propoñernos,  non saben ben onde van pasar o curso.
 A súa árbore desapareceu e seica semella que quedaron sen casa na entrada do cole. Tiveron que se acubillar na biblio, á espreita de que rematemos o seu novo "domicilio". Como todos queremos colaborar, a súa construcción vai paseniño; pero...xa comezamos a albiscar algunha cousiña. 




Moucholibro atreveuse tamén a mandarnos ás aulas a súa primeira petición e todos espilimos para cumprir o seu mandato. 




O traballo fomos quen de facelo e con el pomos o noso granciño  para celebrar  o Día das Bibliotecas Escolares que ven de pasar...As bibliotecas de aula xa están adornadas e a biblioteca empeza a se encher de lemas lectores. Agora só falta facer as fotos para podervos amosar todo o que fixemos. De momento, deixámosvos estas tres como aperitivo; de seguro que esta semana poderemos amosarvos mais.







2 comentarios:

  1. Pois si que comezades con forza este proxecto! Seguro que será outro éxito! A por todas!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polos ánimos. Enseguidiña vas ver que dentro de nada imos ir á toda máquina e... se algún romano quere acompañarnos tamén o imos levar!.

      Eliminar