jueves, 21 de mayo de 2015

MINNESOTA

ART IN ENGLISH

Este ano, como xa sabedes tivemos a sorte de contar entre nós a Abby, a nosa mestra americana. Con ela fixemos moitas cousas : murais festexando as festividades típicas de alá, power points explicándoas, escribimos historias de medo e lle dimos formato de libro, contactamos cos rapaces da escola da nai de Abby e lle escribimos cartas, despois recibimos contestacións… pero o máis importante sin dúbida, foi escoitar o seu acento e a súa entoación, os seus xiros linguísticos e as súas expresións.
Para nós foi moi importante tamén o proxecto que fixemos sobre Minnesota. Investigamos a súa situación xeográfica, a súa capital, a súa cidade máis importante, o número de habitantes, os deportes, o clima, a comida típica, os lugares turísticos… Pero… o día grande, grande foi a visita ao cole da nai de Abby, quen viu a España a visitar a súa filla, e estivo na nosa clase cargada cunha morea de regalos para nós. ANIMÁDEOS A LER O NOSO RELATO EN INGLÉS, AHÍ CONTAMOS MÁIS COUSAS !  

1 comentario:

  1. É todo un privilexio poder contar cunha profe nativa durante todo un curso. Os nosos nenos son moi afortunados! Grazas :-)

    ResponderEliminar