miércoles, 25 de marzo de 2015

A PRIMAVERA E OS POEMAS CON LUZ XA ESTÁN AQUÍ

Hoxe mesmo, cuns días de retraso sobre o Día "oficial" da Poesía, puidemos sair ao patio a pendurar as rimas que lle fixemos a Colorin. A pesar do vento -que xa estragou alguns deles-  e da ameaza de chuvia para os días vindeiros, deixamos o noso patio sementado de poemiñas por aquí e por acolá. 
Tantos eran que algúns nenos ademais de lelos fixeron matemáticas e adicáronse a contar cantos poemas había no patio. Poida que nas fotos non estean todos e mesmo algún seica está repetido; porque un non se cansaba de ler tanta rima tan ben feita. Algúns copiámolos de poetas expertos e ilustrámolos con moitas gañas. Colorín deixara un recunchiño de poesía na biblio para axudarnos, pero fomos moitos os que botamos a voar a imaxinación e fixemos rimas aqueladas e nalgún caso moi libres. Nas fotos vemos a maioría dos poemas  que sairon á luz, algúns dos recunchos do patio onde os penduramos e aos nenos de 4 anos no intre de ir colocar os seus. Pouquiño a pouco iremos recollendo as fotos dos outros cursos nesta actividade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario