lunes, 2 de febrero de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ



O traballo que estivemos a facer durante estes días para Copo, o mouchiño de Xaneiro, reflectímolo no noso mural da Paz que luciú durante unhas horas coas luces acesas para simbolizar esa luz de esperanza coa que quixemos agasallar a tódolos nenos e nenas que non teñen medios para unha escola digna e de calidade... a algúns -como nos ensinou Copo- mesmo lle falta a luz!.
Cada aula decorou un brazo co que botábamos a voar os nosos desexos para un mundo mellor, mesmo no eido da escola.

Malala Yousafzai foi o outro eixo de traballo. A nena a quen lle deron o Premio Nobel da Paz por defender cáseque coa súa propia vida o dereito das nenas a recibir unha educación e acudir á escola. Dereito que temos que ter tódolos nenos e nenas do planeta. O segundo mural que enche a nosa entrada acolle algunhas das impresionantes e sinxelas frases que Malala ten pronunciado sobre este dereito.




Despois do traballo xuntámonos todos para compartir durante un tempo cancións e mensaxes de paz. Unha canción en inglés interpretada polos alumnos de 5º e 6º e unha canción en galego cantada polos nenos e nenas  de 1ºA acompañados polos nenos de 4 anos. Despois de ler cada clase a súa mensaxe de paz, intercambiamos  os globos que  un a un foramos enchendo nas aulas cos nosos desexos. Agora só toca agardar a que estoupen para descubrir a "sorpresa" que se agocha no seu interior.




1 comentario: