sábado, 20 de decembro de 2014

O APRENDIZ DO HOME DO SACO

Un novo contacontos chegou á biblioteca esta derradeira semana escolar do ano 2014. Non queriamos rematar o ano sen volver desfrutar dos libros. 
Daquela o xoves 18 decembro houbo na biblio cáseque unha maratón de contacontos. 
As 10 da mañá empezamos os de infantil e escoitamos, unha vez mais, engaiolados, o conto editado por Anaya de O APRENDIZ DO HOME DO SACO.


Despois como veredes noutra entrada pasaron os compañeiros de 1º e 2º de Primaria a escoitar este mesmo conto e  por último, ás 11"45 a biblioteca encheuse de novo para escoitar o conto QUEN É PAPÁ NOEL.

Na primeira sesión nós -os de infantil- escoitamos atentos un conto que primeiro pensamos nos ía dar medo, pero,...xa se sabe que somos moi valentes e en canto nos deron marcha participamos con entusiasmo. Ao rematar agasallamos ao "contacontos" cun forte aplauso e un improvisado berro (outro, outro!!!). Seica semella que nos gustou moito...

1 comentario: