domingo, 30 de novembro de 2014

VOLVE O PROXECTO CONTAMOS MOITO.

O proxecto de animación lectora "Contamos Moito" volve unha vez mais a ocupar o seu sitio no traballo das aulas de infantil. 
Neste trimestre é o primeiro ciclo de primaria o que comparte lectura cos nenos e nenas de infantil. O venres 28 de novembro xuntámonos na biblioteca cos nenos de 2º de Primaria para desfrutar da lectura do conto GATO GUILLE E OS MONSTROS. 





Ademais, coma tódolos anos, imos traballar todos xuntos nunha actividade conxunta arredor do conto da que xa vos falaremos máis adiante.
Mentres, ollade a presentación da actividade no blog de infantil "follas de moreira"

1 comentario:

  1. Velaí a tanto neno xunto, todos caladiños e atentos. Sobran as palabras :-)

    ResponderEliminar