sábado, 22 de novembro de 2014

OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO

Como sabedes, Moucholibro -a nosa mascota do mes de outubro- quixo celebrar o 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares, pedindo a tódolos nenos do cole que lle fixeran relatos de medo coas palabras coas que el quería agasallalos. "DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO" chamábase a actividade. 
Dende entón estaba todo o mundo tan caladiño que todos pensabamos que se esqueceran da petición do Moucho. Pero velahí están xa na biblioteca os primeiros relatos feitos!. E uns chaman a outros porque enseguidiña apareceron mais e mais e agora xa hai un mundo de relatos amoreados na mesiña na que Moucholibro nos deixara as súas palabras. 
Os de 6º puxéronse mans á obra, como bós axudantes de biblioteca que son, e foron quen de prepararlle un arquivador no que van ir metendo tódolos relatos para que non perda ningún. Coido que o Moucho xa empezou a desfrutar da súa lectura e, en canto remate de lelos todos, imos pedirlle que nolos preste para que viaxen ás aulas. Daquela  tódolos compañeiros poderemos desfrutar tamén dos relatos dos outros. Vós tamén poderedes velos  na biblioteca e no libro dixital que subiremos ao blog para que ninguen perda nin unha palabra.
Aqui van unhas cantas fotos da mesa da bilioteca e dalgúns cursos traballando nos seus relatos. Pouquiño a pouco iremos subindo mais.











2 comentarios:

  1. Seguro que con tódo-los relatos saíron historias sorprendentes e terroríficas:-). Ánimo e gracias por motivalos con este tipo de actividades!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. É impresionante o número de relatos variados que escribiron. Hainos para tódolos gustos; mais longos, mais curtos, en galego, en castelán e en inglés. Dentro duns días irémolos subindo pouco a pouco para que poidades curiosear...

      Eliminar