sábado, 22 de novembro de 2014

OS DE 6º NON PARAN. DOS TÍTULOS MATEMÁTICOS Á BANDA DESEÑADA

Esto de ser os maiores do cole é o que ten. Hai que ser valentes é probar todo de primeiros. No empeño dos Lumimouchos de dotar ás bibliotecas de aula de lecturas diversas para á "Hora de Ler", tocoulles a eles primeiro recibir A MALETA DOS MOUCHOS, como xa vos informamos hai algunhas semanas. O que non vos ensinamos daquela foron as fotos de como foron buscala á biblioteca, onda REILIBRO, e como desfrutaron das lecturas que nela se agochaban. Tede en conta que na maleta hai libros diferentes e adaptados a tódalas idades das aulas polas que ten que pasar. Daquela estes nenos atoparon canda lecturas moi "sesudas" outros libros mais sinxeliños que no seu momento desfrutarán os de infantil. Se lle botades unha ollada ás súas caras mesmo desfrutan cuns que cos outros...o importante É LER!

Agora que a MALETA xa está en 4º de Primaria a eles tocoulles estrenar unha segunda maleta. Desta volta adicada á banda deseñada e que xa só desfrutaran os de Primaria. Nas fotos veredes que estas lecturas tamén espertaron o seu entusiamo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario