jueves, 1 de mayo de 2014

O LIBRO POR DENTRO:FACENDO PAPEL

Durante o mes de abril, o mes dos libros, e dentro da actividade de biblioteca “O libro por dentro” as aulas de 3 anos e 5º de primaria fixemos un obradoiro de feitura de papel. Os nenos de 5º están aprendendo a reciclar e os de tres anos tiñamos moito interese en saber de onde saía o papel co que facemos os nosos debuxos. Daquela os compañeiros de 5º viñeron a pedirnos axuda. Nós teríamos que facer anaquiños de papel, cousa que nos ven moi ben para os nosos dedos, mentres eles preparaban o resto da actividade.
Cando lles levámos os cachiños feitos, eles metéronos na auga. O día que a pasta estivo lista invitáronnos a súa clase. Que emoción! E poidemos axudarlles a colocala nos tamices e secala cuns panos antes de prensala no bastidor.


Na terceira sesión miramos como secaran as follas de papel e fixéronnos un regalo moi especial: un corazón de papel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario