xoves, 1 de maio de 2014

CONTACONTOS TAMÉN EN INGLÉS

Ainda que un pouquiño tarde damos conta tamén dunha estupenda iniciativa recollida pola aula de inglés, pero xa sabedes nunca é tarde cando o que temos que contar é unha boísima experiencia. 
Asi nolo conta dende esa aula...

"O  pasado 11 de febreiro tivemos no colexio un conta contos musical en inglés titulado “Trouble in the Jungle”.  Foi  realmente interesante. Nós  participamos activamente tanto na  historia coma coas cancións, que levabamos traballadas anteriormente nas clases de inglés. Aprendimos moitas cousas e repasamos outras como as preposicións, os nomes dos animais, as cores, os tamaños, as froitas, os números, os opuestos…

O conto foi moi interactivo, xa que á vez que  narraban á historia ían facendo moitas preguntas que nós tiñamos que contestar.  Pasámolo moi ben… O máis divertido foi cando fixemos un canon coas froitas. Algunhas mestras tiveron que sair a dirixirnos e … rímonos moito."



















Ningún comentario:

Publicar un comentario