viernes, 2 de mayo de 2014

CONTACONTOS PARA INFANTIL

Outra nova que chega cun pouco de atraso
Antes das vacacións de Semana Santa todo infantil asistiu a un contacontos organizado pola editorial SM. A fada Marina veunos contar un precioso conto  de mar no que o protagonista non podía ser outro ca un lindo peixiño. Coa dúa doce voz esta fadiña foi quen de captá-la atención de pequenos e maiores. Aquí só temos as fotos de 3 e 4 anos. En canto teñamos as de 5 anos poñerémovolas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario