lunes, 21 de abril de 2014

ABRIL MES DOS LIBROS E MAIO MES DAS LETRAS GALEGAS

Abril estase indo paseniño e ven maio aí a fume de carozo... O mes dos libros cuxo día central estamos a piques de celebrar e Maio  xa co arrecendo das letras galegas en moitas webs e acontecementos culturais.
  Dende a biblioteca queremos contribuir ás dúas celebracións dando a coñecer pouquiño a pouco a obra de Xose María Díaz Castro na letra e na imaxe.
Imos ir pendurando no noso blog algúns dos seus poemas do libro Nimbos acompañados dos documentais feitos por varios autores dentro do Proxecto Nimbos.
Escomenzamos por este poema Ai Capitan que tristemente está tan de actualidade despois desta cadea de naufraxios que levamos.

Pode ser un bó recurso para traballar nas aulas, poesía, prensa e cine dunha mesma vez.

Chorar, chorar mentres o barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
nin o teu riso, para sempre inmenso
abrente na mar.
Lume che din, lume me queda. Cinza,
capitán!
Soia a sirea do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, area fría
nas miñas maus.
E en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sin eles!


No hay comentarios:

Publicar un comentario